Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aché e Bisbal na festa inauguración de temporada do Aquapark de Cerceda

    Cerceda 2011 - Gala Cerceda contigo - cartelA orquestra Aché e David Bisbal actuarán na festa de apertura do Aquapark, Cerceda contigo

    Xa anunciábamos hai un par de semanas o evento que cada ano achega milleiros de persoas a Cerceda, a gala Cerceda contigo coa que as instalacións do Aquapark abren as súas portas ata o próximo mes de setembro.

    E este ano, de novo, o cartel trae a unha gran figura da canción e unha das grandes orquestras galegas. DAVID BISBAL e os amigos de ACHÉ serán os encargados da festa deste ano.

    O Concello de Cerceda ten á venda as entradas para o concerto do sábado, co que se abrirá a temporada do parque acuático. Custarán 10 euros, e poden conseguirse por teléfono, no 900 243 443, na páxina web www.caixagalicia.es, ou nas oficinas municipais cercedenses. O prezo o día do concerto subirá a 15 euros.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook