Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aché e Ciclón amenizan a Santa Resaca en Añá

    Ciclón 2012 - grupo - cartelNa parroquia de Añá, no concello de Frades, están hoxe de festa. Pero esta non é unha festa calquera; a santa que se venera nada ten que ver co santoral cristián do resto de festividades: a Santa Resaca.

    Hai cinco anos, un veciño desta aldea de Frades creou unha imaxe, que representa a figura dunha muller cunha botella nunha man e un vaso na outra, en madeira, e que foi bautizada inmediatamente como a Santa Resaca.

    A imaxe da «santa» presidirá nun altar as festas deste ano e mesmo sairá polo campo da festa en procesión, como se dun santo de verdade se tratase. A cita é a partir das 23:00 horas.

    No apartado musical dúas grandes formacións musicais en Añá: CICLÓN e ACHÉ. Calquera das dúas bandas ofrecerán parte dos novos repertorios que teñen preparados para esta temporada. Grandes cambios na listaxe de temas, nas coreografías e no espectáculo. No caso de ACHÉ xa se dá por suposto, como vén sendo habitual en cada temporada, e este mes presentarán a nova temporada con cambio de repertorio e ampliación de escenario. Pero no caso de CICLÓN chama a atención por ser unha formación pequena; o traballo do grupo compostelán non está pasando desapercibido nestas últimas dúas temporadas e sobre todo en 2012. Moi ao contrario, por repertorio e posta en escena CICLÓN é un dos grupos máis completos e demandados polas comisións de festas. Non hai máis que ver o calendario de actuacións mes a mes para darse conta da grande aceptación do grupo, que este ano presenta importantísimas novidades.

    Con ACHÉ e CICLÓN a música e o espectáculo están asegurados esta noite en Añá. A noite da Santa Resaca.

    Aché 2012 - orquesta - cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook