Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aché e Ciclón coinciden en Valga

    Valga 2011 - Festa da Xuventude en Casal do Eirixo - cartelA orquestra Aché e o grupo Ciclón amenizan esta noite a I Festa da Xuventude de Casal do Eirixo (Valga)

    E a que se pode montar... dous nomes de referencia hoxe por hoxe nas verbenas galegas, o grupo CICLÓN e a orquestra ACHÉ. Gran cartel para a Festa da Xuventude de Casal do Eirixo, en Valga, festa comeza este ano a súa andaina e que esperamos siga tendo continuidade e forza. A cita será no campo de fútbol do Pexegueiro.

    Os amigos de CICLÓN teñen unha sorpresa preparada para esta noite en terras de Valga, será impactante e se podes non o perdas. Pola súa banda ACHÉ seguirá ofrecendo novos temas para ir confeccionando o groso da nova temporada; ademais, os seguidores da orquestra poderán participar ó próximo día 24 na gravación do videoclip para a canción El bombero, tema que puxeron de moda nas verbenas os amigos da orquestra de Vilanova de Arousa a temporada pasada.

    Esta noite ACHÉ e CICLÓN, CICLÓN e ACHÉ, tanto monta, monta tanto... en Casal do Eirixo na I Festa da Xuventude, Valga.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook