Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aché e Costa Oeste cerran en Porto por todo o alto

    Orquesta Costa Oeste 2011Imaxe da orquestra Costa Oeste 2011 tomada nas festas de Palmeira / © Foto: roxegar 2011

    As orquestras COSTA OESTE e ACHÉ son as encargadas de clausurar esta noite as festas de Porto (Pontecesures). Pero este podería festeiro xa comezaba hai dous días coa actuación da orquestra CHICAS SHOW e onte as grandes CHARLESTON BIG BAND e JERUSALÉN. Para non baixar o nivel, esta noite os amigos de COSTA OESTE xunto cos compoñentes de ACHÉ encargaranse de que a festa non decaia ata altas horas da noite.

    Os de ACHÉ, como vén sendo habitual, ofrecerán dous pases con música moi variada aínda que o segundo se dirixe máis á xente nova. En COSTA OESTE aprécianse claramente dous pases dirixidos, o primeiro, para todos os públicos con música moi variada, temas de exhibición vocal e espectáculo, e os últimos éxitos discotequeiros, e o segundo preferentemente encamiñado á xuventude, con moita música dance e bakalao, e rock contundente.

    Por iso sabemos que hoxe as festas en Porto serán todo un éxito, a calidade das orquestras garante unha noite espectacular.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook