Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Noviembre
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aché visita Radio Valga como mellor orquestra 2010

    orquesta-ache-2010-cartel

    A tarde dos xoves está marcada cada semana na axenda dos amantes da verbena. Como vén sendo habitual Daniel Seijas preséntanos en Radio Valga (107.4 FM) o seu programa Palco de Estrelas que comeza a partir das 19.00 e sen hora concreta de cerre.

    E desta volta, ademais de música de orquestra e sorpresas, visitan o programa varios compoñentes da orquestra ACHÉ. E nada menos que como gañadores do concurso Mellor Orquestra 2010 desbancando a LOS SATÉLITES, gañadores da anterior edición.

    E volveuse repetir o que acontecera en 2009. Se a orquestra coruñesa se proclamaba polos ointes de Radio Valga como a mellor, tamén a súa cantante Alma Beatriz e un dos vocalistas, Eric Hidalgo, eran os máis votados como mellores cantantes. Pois nesta edición ocorreu exactamente o mesmo. Karmen Martín, voz feminina de ACHÉ, e Lucky, un dos cantantes, tamén se proclamaron como os mellores nesta temporada.

    A cousa estivo moi rifada ata o último momento, pois a piques estivo a coruñesa LOS SATÉLITES de repetir como a mellor valorada polos oíntes e quedou en segundo lugar moi próxima a ACHÉ.

    O certo é que a orquestra de Vilanova de Arousa cerrou este ano unha xira chea de éxitos, e incluso en momentos concretos onde puideron aparecer algúns contratempos, como na estrea do novo escenario algúns problemas técnicos, os compoñentes fixeron gala da súa gran profesionalidade. Un repertorio in crescendo desde o primeiro minuto e moi cañeiro sobre todo na segunda parte da actuación pode que sexa un dos maiores responsables do éxito de ACHÉ en 2010, que esperamos se repita na nova temporada.

    Hoxe visitan Palco de Estrelas Mero, Karmen, Mon e Lucky e de seguro que Seijas fará que nos adianten algo da nova temporada que están preparando. Hoxe Paco de Estrelas acherízase para recibir os gañadores do ano. Meréceno, sen dúbida.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook