Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aguiño está outra vez de festas

    París de Noia - 2010 - 050 - Aguiño (Ribeira)As orquestras París de Noia e El Combo Dominicano abren as festas do Carme en Aguiño (Ribeira)

    A localidade ribeirense de Aguiño está novamente de celebracións. Esta vez son as máis importantes: as festas do Carme de Aguiño, referencia en todo o concello. Xunto coas de Cabo de Cruz, no veciño concello de Boiro, son as celebracións máis importantes da Virxe dos mariñeiros.

    O recorte en Aguiño é importante pero aínda así haberá catro días de celebración e pasarán pola vila mariñeira dúas das consideradas mellores orquestras de Galicia e outra das canarias de máis renome. PARÍS DE NOIA e EL COMBO DOMINICANO serán as primeiras en actuar en terreos do porto aguiñés. OLYMPUS e NEBRASKA ofrecerán o segundo día de festas (sábado). A gran sardiñada popular celebrarase o domingo ás 12:30 da mañá e a orquestra que actuará nesa ocasión será VENEZIA. A procesión marítima dedicada á Virxe do Carme será o luns 16, día propio, e a actuación correrá a cargo dunha orquestra da zona: ODISEA.

    En Aguiño aínda queda algunha celebración máis, o que converte a localidade nunha das máis festeiras do Barbanza. Agora tocan as máis grandes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook