Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Junio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aire de verbena con Player's e Gran Canaria en Ourense

    orquesta-gran-canaria-2010-cartel1A orquestra Gran Canaria ofrecerá a segunda e última verbena das festas de Ourense

    E os que poidan aproveitar non dubiden en pasar pola Rúa do Progreso, en Ourense, porque malia ter unha semana de festas, no que se refire ás verbenas serán as dúas únicas actuacións. LOS PLAYER'S ofrecen a estas horas o seu repertorio dentro das festas máis importantes da cidade de Ourense. Mañá serán os seus compañeiros de GRAN CANARIA os que pecharán a segunda e derradeira verbena ourensá en 2010.

    Dentro dun programa de festas onde durante unha semana se está a ofrecer todo tipo de músicas e mesmo hai instalada unha carpa de música house que funciona todos os días de festa, concertos case a diario de todos os estilos (o cal está fenomenal), botamos en falta algunha xornada máis de verbena. Son estas, sen desprezar para nada outro tipo de propostas musicais, as que lles dan ás festas máis ambiente festivo, e parece que este ano nalgúns lugares se está esquecendo isto. Coido que os ourensáns merecerían algunha xornada máis de verbena; non sei cantas máis, pero dúas de oito non semella moi proporcionado para unhas festas maiores. Ou queremos que cambien algunhas cousas nas nosas festas populares?

    orquesta-los-players-2010-cartel-pequenoA orquestra Los Player's abriu hoxe a primeira das dúas únicas verbenas en Ourense

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook