Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Alarma 2014: comezo de temporada en Santa Cruz de Mondoi

    Orquesta Alarma 2014 - cartel Comeza hoxe a xira da orquestra Alarma Band 2014 con moitas caras novas e un repertorio de baile totalmente actualizado

    A orquestra coruñesa ALARMA comeza esta noite nova temporada. Despois de días de ensaio xa está todo preparado para gozar de novo da orquestra coruñesa, que se caracteriza por un repertorio completo encamiñado a todos os públicos pero como ingrediente fundamental a música de baile.

    Cunha dianteira de catro voces e un elenco de músicos composto por seis profesionais, ALARMA está disposta un ano máis a ofrecer o mellor de si. Dez compoñentes, onde hai xente veterana na orquestra como o saxofonista Emilio Sánchez, e moitas caras novas, como a nova cantante Yaiselin Trova, o batería Samuel Leira (que procede dun coñecido grupo) ou o trompetista Iván Ledo, e un repertorio totalmente renovado son as bazas principais de ALARMA para triunfar un ano máis na verbena galega.

    ORQUESTRA ALARMA 2014 está composta por:

    David Bouzón (voz)

    Cristian Verdugo (voz)

    Rosalía Penas (voz)

    Yaiselin Troya (voz)

    Emilio Sánchez (saxo)

    Yosima Ávila (teclados)

    Samuel Leira (batería)

    Iván Ledo (trompeta)

    José Gemelo (baixo)

    Bernardo Fernández (trompeta)

    En horas comeza en Santa Cruz de Mondoi (Oza-Cesuras, 23.00 horas) a primeira verbena de noite da orquestra ALARMA BAND 2014; a primeira das moitas que virán durante toda a temporada que comezaba hoxe na sesión vermú.

    Arranca ALARMA BAND 2014, non a podes perder!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook