Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Febrero
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Ale, Álex e a combinación do éxito

    ale-y-alex-2010-foto

    Alejandra Pais (cantante da orquestra Ceniza) e Alexander Rodríguez (ex Charleston Big Band e Los Player's) ofrécennos unha proposta musical diferente

    Ale(jandra Pais) e Alex(ander Rodríguez) preséntannos unha nova proposta musical que apunta alto para este verán nas salas de toda Galicia: ALE & ÁLEX & LA COMBINACIÓN SECRETA.

    Trátase dunha nova formación musical, ou se queremos unha banda especializada en música e bailes específicos. A experiencia de Alexander Rodríguez, ex CHARLESTON BIG BAND e na pasada temporada a fichaxe estrela de LOS PLAYER'S, e de Alejandra Pais Bugallo como vocalista na orquestra coruñesa CENIZA, formación coa que compaxina este proxecto, seguro que se ha de notar na nova banda. Pero o traballo que presenta esta parella, que tamén poden funcionar como dúo, queda arroupado por unha banda de 10 músicos profesionais: 4 metais (2 trompetas, un trombón e un saxofón), 3 percusionistas, piano e baixo ademais de corista. A formación resultante chámase LA COMBINACIÓN SECRETA.

    A propia Ale infórmanos sobre o tipo de música que ofrecen: "A nosa proposta presenta o que denominamos o mellor da música latina, pasando pola salsa, o merengue, a bachata, o chachachá, pop latin, cumbiatón, cumbia pura, porro ou bolero. Cremos que tratamos todos os xéneros que involucran a este tipo de música en xeral".

    Á parte de todo o repertorio nomeado anteriormente, a artista engade: "Facemos tamén os temas da nosa máis recente produción, un disco no que puxemos toda a nosa ilusión e empeño en facer o que máis nos gusta e nos enche".

    A carta de presentación na produción propia son dous temas moi famosos adaptados polo grupo; Colgando en tus manos nunha versión única e orixinal en merengue e o tema El ritmo de la noche.

    Para contar con ALE & ÁLEX & LA COMBINACIÓN SECRETA pódese chamar aos seguintes números de teléfono:

    628 100 413   -   666 60 25 04

    ALE & ÁLEX tamén traballan como dúo ou trío e adáptanse ao presuposto e ao gusto do cliente e para poder velos en directo hai dúas datas próximas; na discoteca Bambina de Santa Cristina (Oleiros - A Coruña) o vindeiro venres 12 de febreiro, e o 26 do mesmo mes no programa LUAR da TVG.

    ale-alex-y-la-combinacion-secreta-cartel

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook