Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 04
    Noviembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Algo se move en Olympus

    orquesta-olympus-2012-algo-esta-pasando-en-olympusA xira de OLYMPUS 2011 Aun más grande xa é historia. A orquestra de Negreira volveu cerrar unha xira marcada polo espectáculo, un completísimo repertorio para todos os públicos, a exhibición e o baile, nunha palabra, unha xira marcada polo éxito. Agora é tempo de descanso antes de afrontar unha nova etapa que traerá moitas novidades e sorpresas, coma sempre.

    Pero as vacacións non existen para as cabezas pensantes encargadas de deseñar espectáculo, repertorio e todo o que conleva presentar un espectáculo das características de OLYMPUS. Xa está en marcha toda a maquinaria para presentar en breve a nova xira 2012 da formación musical. A novidade máis inmediata será a presentación da nova páxina web o vindeiro día 15 deste mes.

    E entre as novidades máis esperadas, como é normal, está a das novas fichaxes. Catro novas caras para OLYMPUS 2012 que ocuparán o lugar deixado por Jessica Santín, Luis Felipe, El Pollo e Consuegra. Estamos a falar de Maythe Leiva (que procede do grupo D'MODA e chegou en 2010 a Galicia da man da orquestra PANORAMA); Alfonso Cid, saxofonista de Ourense, que procede da orquestra TANGO (onde foi compañeiro varias temporadas de Mar Robaina e Rodo Téllez) e coñecido por estar durante case 8 anos na orquestra LEDICIA ESPECTÁCULO; Óscar Ortega, trompetista de Salamanca, que vén da orquestra SUAVECITO despois de estar 8 anos na orquestra DIAMANTE de Madrid, e que ademais de tocar a trompeta conseguirá sorprender o público cos seus dotes de cantante e bailarín; e por último Polito, trompetista procedente da orquestra coruñesa ALARMA e que tamén formou parte varias temporadas da orquestra PANORAMA na que coincidiu en 2010 con Maythe Leiva.

    Pronto poderemos ver a nova OLYMPUS 2012, seguro que sorprendendo coma sempre, a orquestra volverá a marcar unha temporada de éxito e a posicionarse entre os primeiros lugares da verbena en Galicia.

    Permanece atento/a porque algo está pasando en OLYMPUS...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook