Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Mayo
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Algunhas festas para a fin de semana

    rois-san-isidro-2010-cartelCartel das festas de Santo Isidro 2010 en Rois

    Esta fin de semana longa hai bastantes festas por Galicia adiante, e de todos os tipos: patronais, gastronómicas, da xuventude... Ofrecemos aquí só algunhas das máis destacadas. No calendario de Festa a Festa hai máis, e moitas que quedarán sen poñer...

    Se queres enviarnos datos ou carteis de festas podes enviarnos a túa información ao correo do blog: festaafesta.blog@gmail.com

    Destacamos a Festa da Xente Nova, en Leira (Ordes), que xa vai pola súa sétima edición. Este ano tocan as orquestras OLYMPUS e MARBELLA.

    En Arentía (Boimorto) haberá festas durante tres días. Destacamos o xantar homenaxe a Luz Casal que terá lugar o domingo na carpa do campo da festa. As orquestras SOLARA e PRINCIPAL poñerán a música desde día festivo.

    O día 15 en Rois tamén hai festa. Á parte da música de CENIZA e do grupo ATENAS, haberá un xantar gratuíto para todos os veciños e veciñas de Rois.

    Permanece atento a Festa a Festa para saber de máis convocatorias festivas.

    ordes-leira-2010-cartel boimorto-arentia-2010-cartel

    cotobade-caroi-2010-cartel

    [Podes clicar nas imaxes dos carteis para velos a maior tamaño]

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook