Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Aramio 2011, cada día a máis

    Aramio 2011 - grupo - cartelNova imaxe 2011 para o grupo Aramio, música desde Gondomar

    Hoxe presentamos o grupo ARAMIO de Gondomar. A formación xa leva anos polos campos de festa e iso nótase, pois o nome ARAMIO xa se vai facendo coñecido polos festeiros cada edición que pasa.

    E tantos anos que leva; xa van alá máis de 30. O pasado ano sacaban ao mercado un CD para conmemorar as tres décadas de traballo duro, e este ano presentan novidades de repertorio, espectáculo e algún cambio no grupo. Poucos pero importantes, xa que afectan ás voces: Eladio e Cristina, procedentes ambos do grupo MIDAS, son as novas incorporacións de ARAMIO para esta nova xira. Son, polo tanto, sete músicos e cantantes e dous técnicos, en total nove profesionais que levan adiante o nome ARAMIO.

    ARAMIO 2011:

    Jose: voz masculina e teclados
    Eladio: voz masculina
    Cristina: voz feminina
    Fran: teclado, gaita e coros
    Néstor: guitarra, mandolina e teclados.
    Oscar: batería e percusión
    Chus: baixo, guitarra e voces
    Álex: Técnico de son
    Valentín: Técnico de iluminación e chófer

    Tamén queremos destacar a Néstor, músico da banda, que, á parte de tocar os teclados e a guitarra, nos deleitará algún número con mandolina, instrumento do que tamén podemos gozar co grupo LA OCA da man de Dani Dopazo. A mandolina non é un instrumento moi común nas verbenas, de aí tamén o seu encanto, xa que non é usual no cadro instrumental dos grupos e orquestras, pero si o veremos en ARAMIO.

    O grupo de Gondomar segue, outra temporada máis, dando boa festa, o cal ten moito mérito despois de tantos anos subidos ao palco. Agardamos que aínda queden moitos máis...

    TEMAS CD 30 ANIVERSARIO ARAMIO

    1- Muero de frío

    2- El puente roto

    3- Mix cumbias

    4- Viva el vino y las mujeres

    5- Quiero saber de ti

    6- Brica Mix

    7- No volveré

    8- Mix Tunas

    9- Que levante la mano

    10- Mix México

    11- Dolores se llama Lola

    12- Mix Dance

    13- Derecho de admisión

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook