Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Areas celebra a súa churrascada anual con verbena

    grupo-america-2011-pantalla-webVista dun apartado da web do grupo América

    O lugar de Adragonte, en Areas (Paderne), estará de festas o vindeiro sábado. A cita festeira vai camiño de converterse en obrigada neste municipio da zona betanceira. Este ano vai xa pola V edición.

    A gran churrascada e a actuación dunha orquestra de primeira liña son as cartas coas que xogan en Areas para a celebración do xa popular encontro. Este ano hai novidades en canto á orquestra que actuará, e é que nesta festa sempre foron fieis á orquestra OLYMPUS pero desta volta non será posible contar coa formación musical de Negreira. No seu lugar buscouse unha banda de renome como é o grupo AMÉRICA.

    No campo da festa haberá unha gran carpa con climatización. Á parte disto, tamén haberá mesas e cadeiras para que o público poida degustar o churrasco o máis cómodo posible. Con esta infraestrutura, bo produto para cear e boa música para bailar, o vindeiro sábado o festón vaise apoderar de Areas. É a primeira gran cita festeira do ano na zona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook