Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Armonía Show, única verbena nas festas de Ferrol

    Ferrol 2011 - Festas de agosto - cartel

    Hoxe, noite do sábado 13 é única en Ferrol. E dicimos que é única porque será hoxe e só hoxe cando se dea a única oportunidade de escoitar ritmos verbeneiros nas festas da cidade departamental. A escollida, a orquestra ARMONÍA SHOW. Os agraciados que teñan oportunidade de ir hoxe a Ferrol están de sorte.

    E é que ultimamente nas cidades están recortando nos orzamentos para as festas e as primeiras en caer son as orquestras. Concellos como Ferrol ou Ourense ofrecen cada ano poucas actuacións verbeneiras, e parece que cada vez menos. Escudándose na crise tamén existe o fantasma de que as verbenas están pasadas de moda e son citas típicas doas vilas e aldeas, pero non das cidades. Esta opinión está tristemente máis estendida do que parece aínda que, curiosamente, os que isto opinan hai anos que non pisan un campo de festas e pensan que as orquestras non evolucionaron nos últimos 10 ou 15 anos.

    O certo é que por unha razón ou por outra cada vez hai menos actuacións verbeneiras nas festas das cidades; e Ferrol é un claro exemplo. O programa de festas contén propostas interesantes como o trofeo de xadrez e o de alterofilia, o festival de rondallas, o Día da Xuventude, o Rallye de Ferrol, a marcha ciclista ou as noites de cine, pero, segundo a nosa opinión, coxea no apartado musical e especialmente nas verbenas.

    Quen poida ir hoxe a Ferrol a ver a ARMONÍA SHOW está de sorte, é a única actuación nesta edición dunha orquestra de baile. Crise? Si, tamén pero non só iso.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook