Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 07
    Septiembre
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Armouse a festa en Restande

    Trazo 2012 - Festas en Restande - cartelVenres 7 de setembro: desde Restande para o mundo. Nas festas da localidade un man a man que "enfrontará" a dúas das orquestras do momento. A vilagarciana LA BÁMBOLA mídese coa canaria EL COMBO DOMINICANO. Calquera das dúas formacións musicais goza de grande éxito este 2012. A orquestra canaria volve cos seus ritmos latinos moi pegadizos e bailables. O swing do COMBO surte efecto unha temporada máis en Galicia, e xa quedan poucas datas para gozar desta formación musical e do seu repertorio. Pola súa banda LA BÁMBOLA pegou un gran cambio esta temporada, cun repertorio máis completo e para todos os públicos, unha formación das que "toca para todos".

    E a festa aínda continúa o sábado, da man do grupo ARENA, que na sesión vermú estará acompañado pola banda de gaitas RÍA DE ARES, que xa é unha habitual das festas.

    Hoxe máis que nunca, podemos usar o lema de EL COMBO: Armouse a festa en Restande.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook