Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arrancan as festas da Xunqueira, en Cee

    Cee 2011 - Festas da Xunqueira - cartel

    Aínda que onte xa houbo festa coa música dunha discoteca móbil, comeza realmente hoxe o programa musical da man de BROTHERS IN BAND, grupo tributo a Dire Straits, con interpretacións impecables dos de Money for nothing. MARÍA DO CEO, LOLITA ou LA GUARDIA serán protagonistas doutras citas musicais en Cee, á parte de verbenas como as da orquestra SUPER STAR, a COMPOSTELA e o grupo AMÉRICA.

    O día 16, cun gran concerto musical e a verbena a cargo da orquestra SOLARA, será a última xornada festeira nesta localidade da Costa da Morte.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook