Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 23
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arteixo amplía os días de festa

    Arteixo 2012 - Festas patronais - cartel Ata o próximo sábado Arteixo ofrece a veciños e visitantes as súas festas patronais

    A localidade coruñesa de Arteixo está en plena preparación festeira. As atraccións de feira xa chegan desde o pasado sábado á avenida de Arsenio Iglesias, onde se instalará o recinto feiral como estes últimos anos. Varios grupos musicais liderados pola banda LOS SUAVES darán o pistoletazo de saída a unhas festas que, ao contrario que na maioría de lugares, teñen un orzamento máis alto que o ano pasado.

    En Arteixo manexan un cartel de 70.000 euros fronte aos 62.000 da pasada edición. Orquestras como FILADELFIA, ALARMA, FOLIADA (o venres) e o grupo CICLÓN amenizarán as celebracións do Apóstolo ata o vindeiro sábado, no que actuará unha orquestra aínda por determinar.

    As festas patronais de Arteixo veñen coincidindo na maioría de días coas do Burgo, en Culleredo, e son as dúas citas máis importantes e de maior asistencia de público de toda a comarca coruñesa.

    Foliada 2012 - orquesta - cartelA orquestra Foliada, que un día antes cerra as festas no Burgo (Culleredo), actúa o próximo venres nas patronais de Arteixo. A formación musical era a escollida para cerrar tamén en Arteixo antes de decidir que as festas se amplían un día máis

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook