Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Arteixo, festas en tempos de crise

    Arteixo 2011 - Festas do Apóstolo - cartel

    As afamadas festas de Arteixo pasan por unha etapa á baixa. Mesmo desde o Concello son conscientes de que o programa non é equiparable ás edicións anteriores. Aínda así poderemos gozar con orquestras recoñecidas como FOLIADA, VERSALLES, ACHÉ, CENIZA, ARMONÍA SHOW ou o grupo MASTER.

    Non é que sexan formacións malas, nin moito menos. FOLIADA é unha orquestra recoñecida na zona, ARMONÍA SHOW goza de moito prestixio e ACHÉ ou MASTER arrasan, pero este programa non se pode equiparar aos de anos pasados onde incluso o día 24 había un gran concerto. Por ARteixo teñen pasado CHENOA, BUSTAMANTE ou incluso ROCÍO JURADO e grupos como LA UNIÓN ou PEREZA.

    Onde tamén hai cambios con respecto do ano pasado é no recinto de atraccións, que volven á avenida de Arsenio Iglesias despois do fracaso do ano pasado onde estiveron no campo de festas tradicional pero coas orquestras separadas a medio quilómetro. Agora as orquestras ocupan o campo de festas e as atraccións quedan máis próximas.

    Arteixo volve a estar de festas un ano máis e o Concello fai un chamamento aos veciños para traballar arreo para volver a colocar as festas arteixás como referencia na zona, como viñeron sendo todos estes anos. Boa festa!

    Arteixo 2011 - Festas do Apóstolo - programa

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook