Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas de Dexo, en Oleiros, marcan nivel un ano máis

    Oleiros 2011 - Festas de San Antón en Dexo - cartelCompleto cartel para as festas do Santo Antón en Dexo, Oleiros

    Sempre foron boas as festas en Dexo, e este ano continúan marcando distancia nunha temporada marcada pola crise e os recortes en case todas as celebracións populares. Pero nesta localidade de Oleiros (A Coruña) o esforzo por ofrecer un cartel de nivel cúmprese un ano máis. Quizais porque celebran os 10 anos da Festa da cervexa, porque a cigalada do sábado pretende consolidarse como unha cita obrigada despois do éxito de 2010 ou polo seu Carnaval de Verán, tamén para a tarde do sábado, as festas do Santo Antón en Dexo son xa unha referencia no concello. Ademais, todos estes actos veñen acompañados sempre de grandes actuacións musicais a cargo de nomeadas orquestras; e este ano non podía ser menos: o grupo TEKILA e a orquestra MARBELLA para o primeiro día (venres) amenizando a X Festa da Cervexa, e a orquestra CHARLESTON BIG BAND de Padrón para o sábado (Carnaval de Verán e cigalada).

    Pero a cousa aínda non acaba aquí, o domingo haberá un Encontro Folclórico (que chega este ano á súa 3ª edición) e por se a cigalada o sábado non abondou, para a última cita festiva, churrascada. Festas infantís e encontros deportivos completan o gran cartel de Dexo, un ano máis.

    oleiros-2011-festas-de-san-anton-en-dexo-programa-venresoleiros-2011-festas-de-san-anton-en-dexo-programa-sabadooleiros-2011-festas-de-san-anton-en-dexo-programa-domingo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook