Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 17
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas dos Castros resisten na Coruña

    Foliada 2012 - orquesta - cartel

    A orquestra Foliada é unha das agrupacións que actúa estes días nas festas dos Castros (A Coruña)

    Moi poucas festas populares quedan xa na cidade da Coruña. Se hai unha ducia de anos, e de aí para atrás podiamos gozar de festas en barrios como Elviña (A Milagrosa), Agra do Orzán, Os Mallos (a primeira semana de xullo), A Gaiteira, etc... hoxe cóntanse cos dedos dunha man e aínda sobran as citas festivas deste tipo na cidade. Os Castros parece resistir e celebra un ano máis as súas festas do Carme. O problema do sitio para organizar uns bos festexos lastra unhas celebracións que parecen non asentarse no seu novo emprazamento. E é que a pequena praza nos xardíns de San Diego quedou moi pequena para acoller os bailes e as atraccións (cada vez menos) que se achegan a estas festas. Aínda así pasarán polo barrio coruñés tres orquestras, unha para cada día, CENIZA, FOLIADA e FANIA BLANCO SHOW que poñerán a nota musical a unhas festas que se resisten a desaparecer. Ademais, o último día, mércores, lanzarase o globo de papel, xa típico nos festexos do Carme dos Castros, que non é tan grande como o de Betanzos pero é un dos poucos que se manteñen na tradición.

    Noticia sobre as festas dos Castros en La Opinión A Coruña

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook