Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas grandes de Portonovo xa están aquí

    Ismael 2011 - orquesta - cartelA orquestra Ismael, xunto coa Capitol, cerra as festas de Portonovo o próximo xoves

    Programa cargado o de Portonovo, e con actuacións variadas durante todos os días de festas. O porto da localidade énchese de atraccións e os escenarios das orquestras irán chegando cada día para traer os mellores repertorios bailables a cargo de orquestras como a CAPITOL ou a TRÉBOL, a ISMAEL ou RITMO JOVEN entre outras.

    Nada mellor que poñer o programa completo das festas de Portonovo. Ata o próximo xoves a festa está na localidade de Portonovo, a cara festeira do concello de Sanxenxo, que seguirá de festas en breve, aínda que as próximas xa na capital do municipio.

    Domingo 14 de agosto

    - Pola mañá pasacalles a cargo de grupos de gaitas OS GATIÑOS, LEMBRANZAS e da Charanga A CABESA NON PARA.

    - Ás 13:30 gran sardiñada acompañada de chouriciños e regada con viño do país (gratuíta). Acompaña a Charanga A CABESA NON PARA.

    - 18:00 Partidos de fútbol 7 Masculino, Feminino e solteir@s contra Casad@s.

    - Pola noite gran queimada '' Record guinness'', a máis grande do mundo con 1.500 litros de augardente e verificada ante un notario. A continuacion procederase ao Pregón e Conxuro a cargo dos actores galegos do programa LAND ROBER da TVG ISI e ISABEL RISCO. Daráselles unha placa aos dous máis destacados deportistas de Portonovo. Todo isto animado polo grupo de gaitas OS GATIÑOS e LEMBRANZAS e a charanga A CABESA NON PARA, e ao terminar gran verbena a cargo da Discoteca Mobil STUDIO 21.

    Luns 15 de agosto

    - Pola mañá pasacalles a cargo do grupo de gaitas OS GATIÑOS e LEMBRANZAS.

    - Ás 13:00 horas misa cantada pola coral Santa Maria de Adina de Portonovo. Seguidamente terá lugar a procesión.

    - Ás 22:30 gran concerto a cargo da orquestra ATLANTA e as actuacions de BERTÍN OSBORNE, LA DÉCADA PRODIGIOSA e varios grupos galegos.

    Martes 16 de agosto

    - Pola mañá pasacalles a cargo do grupo de Gaitas OS GATIÑOS e LEMBRANZAS e da Banda de Música de Campolameiro.

    - Ás 10:00 horas misa cantada pola coral polifonica de Santa María de Adina.

    - Ás 13:00 horas concerto a cargo da Banda de Música de Campolameiro.

    - Ás 19:00 horas misa cantada pola coral Santa María de Adina de Portonovo. Seguidamente, procesión acompañada polo grupo de Gaitas OS GATIÑOS, LEMBRANZAS e a Banda Municipal de Sanxenxo.

    - 22:30 Gran verbena a cargo das orquestras BELLISSIMA e RITMO JOVEN.

    - 00:30 Espectacular tirada de fogos a cargo de Piroctecnia La Gallega.

    Mércores 17 de agosto

    - Pola mañá pasacalles a cargo do grupo de Gaitas OS GATIÑOS, LEBRANZAS e da Banda Municipal de Redondela.

    - 13:00 Concerto da Banda Municipal de Redondela.

    - Ás 19:00 horas misa cantanda pola coral de Santa María de Adina de Portonovo. Seguidamente, procesión animada por unha banda de música, grupo de gaitas e os Danzantes de Cobas.

    - 22:30 Gran verbena a cargo das orquestras TREBOL e MARIMBA e as actuacións musicais de COYOTE DAX e AMISTADES PELIGROSAS.

    Xoves 18 de agosto

    - Pola mañá pasacalles a cargo de grupos de Gaitas OS GATIÑOS e LEMBRANZAS.

    - 10:00 Maratón popular.

    - 11:00 carreira de bicicletas

    - 13:00 Regata infantil de piraguas.

    - 16:30 xogos populares, festa da espuma

    - 20:30 concurso canino ao mellor disfraz con premios de 100 € 75 € 50 €

    - 22:00 Verbena a cargo das orquestras CAPITOL e ISMAEL. No descanso sorteo dunha MOTO SCOOTER e dunha TV DE PLASMA 50º

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook