Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As festas máis importantes de Camelle durante tres días

    Orquesta Nueva Generación 2012 - cartel Nova imaxe para a orquestra Nueva Generación, encargada de abrir as festas patronais de Camelle, en Camariñas

    A localidade de Camelle, en Camariñas, celebra as súas festas máis importantes ata o vindeiro domingo. E dicimos as máis importantes porque nesta poboación mariñeira están afeitos a ter moitas celebracións durante o ano a pesar de que cada vez é máis complicado organizar as celebracións patronais de calquera localidade para canto máis varios eventos ao longo do ano.

    En canto ao programa musical, a orquestra NUEVA GENERACIÓN é a encargada de abrir esta noite as festas. A noite grande das festas será o sábado, coa actuación da orquestra GALILEA, desde A Estrada, e da orquestra canaria EL COMBO DOMINICANO, con máis de vinte datas para este mes de agosto. O grupo MIDAS será o encargado de cerrar os festexos patronais en terras batidas polo mar e con olor a sal e marisco. Aínda sen festas é un pracer visitar esta vila mariñeira para canto máis facelo en festas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook