Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Septiembre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As patronais chegan a Ribadeo

    Ribadeo 2011 - Festas patronais - cartel elaboración propiaDesde este venres Ribadeo ole a festas. Estreando localización e ofrecendo un programa musical de calidade e variedade, a vila ofrece o mellor de si durante cinco días de celebración.

    Do Cantón situado no centro de Ribadeo as festas pasan a situarse no aparcadoiro municipal cunha superficie que triplica os metros dispoñibles. Deste xeito pódense ofrecer atraccións de feira que nunca viñeron ás festas ribadenses. Un total de 20 aparellos estarán funcionando ata o día 9.

    En canto ás formacións musicais, todas son moi coñecidas: LA OCA e PANORAMA abriron a primeira xornada, o grupo SAMBA e a orquestra PONTEVEDRA estarán actuando nestes momentos, as orquestras PHILADELPHIA e JERUSALÉN son as escollidas para a verbena do mércores día 7, a PALLADIUM actuará o xoves 8 e o grupo MASTER cerrará as celebracións o venres xunto coa orquestra COSTA OESTE. Os días que non hai verbenas si están programadas outras actividades como o Día do Circo.

    Con este cartel de calidade non é de estrañar que, se o tempo acompaña, as festas de Ribadeo sexan multitudinarias. Boa oportunidade para gozar das últimas verbenas do verán...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook