Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 18
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    As Pontes tamén ten festas do Carme

    As Pontes 2011 - Festas do Carme e da Fraga - cartelUnha selección das mellores orquestras do momento pasa estes días polas Pontes

    [Podes clicar na imaxe para vela a maior tamaño]

    Típica das vilas mariñeiras, a festa do Carme celébrase en multitude de localidades galegas. Tamén en lugares de interior, como Zas ou As Pontes, aínda que non teñen mar. As Pontes ten como máis parecido unha gran lagoa artificial construída en antigos terreos das minas de ENDESA.

    Pois o Carme é a onomástica que se celebra nas Pontes ano tras ano. Grandes festas que traen á localidade coruñesa concertos (este ano Carlinhos Brown) e unha selección das mellores orquestras de Galicia.

    E cando acaben as festas do Carme aínda seguirá habendo nas Pontes troula durante dous días, porque será o momento de celebrar a Festa da Fraga. De novo o son de verbena volverá á vila pero esta vez en diferente localización.

    Publicamos en Festa a Festa o programa completo do Carme das Pontes.

    as-pontes-2011-programa-festas-do-carme_pagina_2as-pontes-2011-programa-festas-do-carme_pagina_3as-pontes-2011-programa-festas-do-carme_pagina_4as-pontes-2011-programa-festas-do-carme_pagina_5as-pontes-2011-programa-festas-do-carme_pagina_6

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook