Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Junio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Avance do San Xoán de Carballo

    Carballo 2011 - San Xoán - cartel - programaCartel das festas do San Xoán en Carballo, coas actuacións musicais previstas

    Xa é público desde esta semana o programa das festas do San Xoán, referencia en toda a comarca de Bergantiños. E ao final os números permiten un programa de nivel a pesar dos recortes. Orquestras consideradas de prestixio e as actividades e eventos que caracterizan o San Xoán carballés daranse cita un ano máis nas festas máis grandes ca capital de Bergantiños, como o concurso de cachelas, a Festa do Bosque, o Descenso do Anllóns, os fogos artificiais ou o concerto do día 25, este ano a cargo da cantante CHENOA.

    O Concello de Carballo achega algo máis de 90.000 euros e as atraccións de feira instaladas un ano máis no parque do San Martiño, outros 24.000 ademais de pagar a primeira das verbenas a cargo da orquestra asturiana ALTO STANDING. En palabras do alcalde, Evencio Ferrero, o programa das festas de Carballo intenta ser atractivo sen perder calidade malia os recortes.

    En quince días Carballo comezará as súas festas e un ano máis acollerá a miles de festeiros nos seus días máis grandes.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook