Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Marzo
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Baiona retrocede 500 anos no tempo

    Baiona 2012 - Festa da Arribada - cartelCartel da Arribada 2012, en Baiona. Festa de Interese Turístico Nacional

    A vila pontevedresa de Baiona está de celebracións: Arribada 2012. Conmemoración da arribada da carabela Pinta nesta localidade do sur de Galicia. Multitude de actos conforman o programa que converte esta festa de Interese Turístico Nacional de Galicia.

    Para a ocasión Baiona convértese nunha vila medieval para levar a cabo durante dúas xornadas un retroceso no tempo e todo o que iso conleva: o goce de multitude de actividades hoxe desaparecidas como competicións de tiro, actuacións de bufóns, contendas de esgrima, torneo de xusta, tiro de venablos, actuación de xograres e malabares, exposicións de armas e instrumentos de tortura medieval, parada de aves cetreiras, obradoiros de escritura gótica, fábrica de moedas, desfile medieval, espectáculo de cetrería montada e un longo etcétera.

    Música de cámara e degustación de produtos típicos completan esta celebración que nos traslada á época medieval por dous días: sábado e domingo (3 e 4 de marzo) en Baiona.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook