Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 30
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Bealo ofrece cinco días de festa

    Orquesta Costa Oeste 2011A orquestra Costa Oeste forma parte do amplo e variado cartel de formacións que actúan estes días nas romería de San Ramón de Bealo, en Boiro / © Foto: roxegar 2011

    San Ramón de Bealo (Boiro) é unha institución festeira na zona. Este ano as festas comezaron xa onte martes e prolongaranse durante cinco días, ata o próximo sábado. En canto ás orquestras e grupos que actuarán, todos eles coñecidos, completan 10 formacións musicais. NEBRASKA e ATENAS (os encargados de abrir onte as festas), CHARLESTON BIG BAND e MAGOS DE ESPAÑA (as orquestras que actúan hoxe), COSTA OESTE e PHILADELPHIA (a proposta musical para mañá venres), GRAN PARADA e TAMBO (actuarán o próximo venres) e os grupos AMERIKAN TOP e MIDAS (para cerrar as celebracións na noite do sábado).

    Variedade de estilos que conforman un cartel moi completo e para todos os públicos. Non en van orquestras como COSTA OESTE, TAMBO ou GRAN PARADA ofrecen un segundo pase contundente dirixido ao público máis novo, polo que a festa está asegurada para todos os asistentes. Durante estes cinco días de festa a atención está, un ano máis, en Bealo.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook