Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Betanzos abre esta noite as festas de San Roque

    Betanzos 2011 - Festas de San Roque - cartel

    O monumental globo de papel volverá a voar o próximo martes desde a praza Irmáns García Naveira. É unha tradición moi apegada e un dos actos principais das festas de Betanzos. Pero non o único: as Xiras dos Caneiros os días 18 e 25 e as actuacións musicais salpicadas no calendario ata a segunda Xira tamén son eventos para ter moi en conta.

    A orquestra CINEMA abre esta noite as festas betanceiras. Á formación musical seguiralle outra das grandes o luns: a CHARLESTON BIG BAND de Padrón, que está facendo unha gran temporada 2011 cun repertorio moi completo.

    E o día da elevación do globo non pode quedar sen verbena. Moi ao contrario, é unha das máis multitudinarias. A encargada nesta edición é a orquestra cambresa FANIA BLANCO SHOW. O xoves 18 (I Xira aos Caneiros) será o día en que a orquestra cántabra TABÚ ofrecerá a súa mellor música e un día despois, o 19, a coruñesa ALARMA.

    O sábado 2o terá lugar o único concerto pop para este ano: MALÚ traerá os seus mellores éxitos á praza Irmáns Naveira. A música cambiará de estilo noutro concerto que terá lugar un día despois: se o ano pasado RIFF RAFF e LA BANDA DEL CAMIÓN ofrecían unha noite de rock puro e duro, nesta edición toma tintes máis folk da man de VAAMONDE, LAMAS & ROMERO e BERROGÜETTO.

    E chegamos ao final da festa, o día 25, coa II Xira aos Caneiros. A música das charangas NBA e DGT durante todo o día amenizará a popular xira. Pola noite cerrará esta edición do San Roque a orquestra PANORAMA, na praza Irmáns García Naveira para despedir as festas ata o vindeiro ano.

    ——————————————————————

    Pódese consultar o programa completo na páxina web do Concello de Betanzos.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook