Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 11
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Betanzos regresa ao medievo

    Betanzos 2012 - Feira Franca  - cartelCartel promocional da Feira Franca de Betanzos

    A localidade de Betanzos acolle esta fin de semana unha nova edición da Feira Franca Medieval da Cidade dos Cabaleiros. De novo, a festa medieval convértese no evento destas características máis completo e con maior sona da comarca.

    Os postos que acollerán multitude de actividades que teñen que ver co mundo medieval ocupan a totalidade da zona vella betanceira e dedicaranse especialmente á artesanía e mais á alimentación.

    Tamén haberá unha zona de xogos infantís, espectáculos de animación de rúa, música, teatro e malabares.

    O programa preparado para este ano, malia a crise, contén máis actividades que na edición de 2009, seguindo a proxección que se empezara na pasada edición, e estas están dedicadas a todos os públicos. Betanzos volve por uns días á época medieval e lembra a súa etapa de dominio sobre a zona. E é que a Cidade dos Cabaleiros chegou a ser capital de provincia en Galicia.

    Estes días a importancia da cidade verase reflectida na súa Feira Franca.

    ACTUALIZACIÓN

    11 DE XULLO DE 2012

    A organización da Feira Franca de Betanzos considera todo un éxito de asistencia a edición de 2012. Milleiros de persoas en cada un dos tres días de celebración fixeron do evento un dos máis concorridos de todas as edicións e un dos reclamos principais da Cidade dos Cabaleiros. A próxima cita festeira chegará en agosto coas festas patronais de San Roque e algunhas das súas citas máis destacables como Os Caneiros ou a elevación do globo de papel.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook