Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Julio
    2010

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Boiro apura as súas Festas do Verán

    orquesta-trebol-2010-cartelHoxe en Boiro tocaba a música das orquestras Compostela e Superfama. Mañá martes é a vez de Trébol e Los Trovadores. O mércores cerran Los Satélites e a Capitol

    A localidade barbanzana de Boiro, que comezou o venres as Festas do Verán, está inmersa en plenas celebracións. Pola localidade xa pasaron formacións musicais como ODEÓN, PASSARELA, ESTELARES, ARAMIO, SOLARA ou LOS ESPAÑOLES. Tamén tiveron lugar os concertos de OS TRES TREBÓNS, COMPAÑÍA DO RUÍDO e CUCHUFELLOS, entre outras actividades.

    Co gran recinto de atraccións estreando nova situación, en terreos do Barbaña, para evitar o colapso que se producía na avenida da Constitución, aínda que un dos tramos continúa a ser usado para as barracas máis pequenas, e as verbenas onda sempre, a praza de Galicia, as de Boiro son unhas das festas máis importantes xunto coa Guadalupe de Rianxo, as do Verán de Ribeira e o Nazareno da Pobra. E de todas estas son as primeiras no calendario festivo.

    O recinto de atraccións é dos máis importantes de Galicia xunto co San Froilán, Bouzas, en Vigo, e a veciña Ribeira. A esta haberá que acudir ás próximas celebracións: a Dorna e as Festas do Verán xusto dentro dun mes.

    Hoxe en Boiro tocaba a música das orquestras COMPOSTELA e SUPERFAMA. Mañá martes é a vez de TRÉBOL e LOS TROVADORES e o mércores, para cerrar as celebracións, LOS SATÉLITES e CAPITOL.

    A redución do orzamento en Boiro afectou especialmente aos concertos e a algunhas actividades lúdicas, non hai máis que botarlle unha ollada ao programa que aparece na páxina web do Concello e comparalo con outros anos para notar que hai menos actividades. Con todo seguen a ser unhas festas de referencia na comarca e a primeiros de mes terán lugar as súas máis directas competidoras, as de Ribeira. Delas daremos conta non sen antes informar da Dorna e do Carme en lugares como Cabo da Cruz (Boiro), Aguiño (Ribeira) ou A Pobra. O Barbanza segue a ser lugar destacado de festas populares.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook