Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Abril
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Boqueixón, capital da festa este sábado

    Boqueixón 2011 - Festa da Mocidade - cartelCartel de luxo, como nos teñen acostumados en cada edición, para a Festa da Mocidade de Boqueixón

    O concello de Boqueixón ten programada unha cita festeira para a noite do sábado de altísimo nivel: a Festa da Mocidade chega á súa sexta edición con enerxías renovadas e, lonxe de perder corda, cada ano vai a máis.

    Hai seis anos os organizadores desta Festa da Mocidade, das primeiras festas da xuventude en nacer, non podían imaxinar o que daría de si esta cita festiva. A primeira edición con PANORAMA, PARÍS DE NOIA e OLYMPUS, xa daquela fora todo un éxito. Na praza de Lestedo onde se celebra a Festa da Filloa non cabía un fío e o lugar antollábase claramente insuficiente para acoller as greas de xente; ademais, os escenarios das macroorquestras tiñan dificultades para entrar no recinto. Foi así como a Festa da Mocidade cambiou de localización e pasou a ser celebrada no Campo do Forte.

    Nestas seis edicións pasaron por Boqueixón orquestras como OLYMPUS, PANORAMA, COSTA OESTE e PHILADELPHIA, sempre acompañadas de PARÍS DE NOIA. Mesmo nunha edición se puido gozar de catro orquestras que acolleron a máis de dez mil persoas.

    Este ano serán, de novo, as tres que máis veces coincidiron en Boqueixón: OLYMPUS, PARÍS DE NOIA e PANORAMA; hoxe por hoxe as máis mediáticas, e que farán de Boqueixón a capital da festa aínda que sexa só por unha noite.

    As tres formacións musicais coincidirán de novo a vindeira semana en terras do Barbanza, pero polo momento quedamos pola comarca compostelá, porque Boqueixón é referente, un ano máis, da verbena galega.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook