Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 08
    Mayo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Breamo, unha romaría para saudar e despedir o verán

    Pontedeume 2011 - Romaría do Breamo - cartel

    DOMINGO 8 DE MAIO, ROMARÍA DO BREAMO (PONTEDEUME)

    Esta famosa romaría ten lugar en Pontedeume e consiste na peregrinación ata o cume do monte Breamo (303 m.) onde se atopa a igrexa románica de San Miguel, unha das máis fermosas da bisbarra. Alí celébrase unha festa tanto eclesiástica (na honra de San Miguel) coma pagá dúas veces ao ano. A primeira vez realízase en maio e a segunda a finais de setembro. Festas que serven para que os eumeses lle dean a benvida ou a despedida ao verán.

    Desta volta toca a benvida, hoxe domingo día 8 de maio entre son de gaitas e nunha paraxe envexable tanto para ir ese día como para organizar unha camiñada calquera outra data do ano.

    Vou polo monte, monte arriba, vou polo monte ó San Miguel. Vexo a ponte, vexo a praia, vexo a vila que deixei. Dunha costrada e fresco viño do ribeiro, que merquei, entre os pinos e fieitos boa conta eu darei. Na capeliña unha misa en doce fala haberá. Todos xuntiños pregaremos, logo o Santiño sairá. Vou polo monte, monte arriba, vou polo monte ó San Miguel. Vexo a ponte, vexo a praia, vexo a vila que deixei. Non han fallare os gaiteiros que as muiñeiras tocarán. Todos moi ledos e fartiños nos cansaremos de bailar. Perto da noite e paseniño polos vieiros baixarei, vou cara á vila cos romeiros deixo o esprito no San Miguel!. Vou polo monte, monte arriba, vou polo monte ó San Miguel. Vexo a ponte, vexo a praia, vexo a vila que deixei.

    San Migueliño do noso Breamo hei dir alá dúas veces no ano. Hei de subir a poñer o "santiño", e pola tarde bailar o peixiño.

    Si vás ó San Migueliño si vás ó San Migueliño vai sempre ó de Breamo. Primeiro dás as tres voltas acompañadas dun ctrago, e logo mordes o clavo.

    Árdelle o eixo árdelle o carro, vámonos todos para Breamo. Árdelle o eixo árdelle o carro, vámonos todos para Breamo. Árdelle o eixo bótalle un trago.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook