Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Bótalle un bo polbo

    Porto do Son 2011 - XVIII Exaltación do Polbo - cartelA Exaltación do Polbo de Porto do Son chega este sábado á súa edición número 18

    Esta semana é grande no Carballiño. Aínda que a cita central será o vindeiro domingo, co Festival de grupos folclóricos e verbena na praza central da vila, por esas terras ourensás están a celebrar a festa do polbo durante toda a semana. E polo Barbanza non queren ser menos e tamén, como xa vén sendo habitual, haberá Exaltación do Polbo en Porto do Son.

    Por prezos módicos poderemos degustar o polbo á feira e despois bailotear ao ritmo dunha orquestra da zona: ODISEA será este ano a encargada da verbena en Porto do Son.

    A localidade barbanzana celebrou a Festa Hortera a pasada semana, en Portosín acaban de cerrar as festas de San Caetano e agora, de novo, outra nova cita festeira e gastronómica para mañá sábado.

    Entre O Carballiño e Porto do Son pódeslle botar un bo polbo.

    O Carballiño 2011 - XLIX Festa do Polbo - cartelA festa do polbo do Carballiño é toda unha institución nas festas gastronómicas de Galicia

    Porto do Son 2011 - XVIII Exaltación do Polbo - cartel orquestra

    A orquestra Odisea actúa na casa, Porto do Son, dentro do programa da Festa do Polbo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook