Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 22
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Buria promete catro días de máxima diversión coas patronais

    Palladium 2012 - orquesta - cartelA orquestra Palladium, con nova imaxe, encargarase de poñer o broche final ás festas de Buria (Camariñas) acompañada por Cinema

    A estas horas de noite de sábado xa debe ir moi avanzada a primeira das actuacións programadas en Buria (Camariñas) con motivo das festas patronais de San Xurxo. O día grande é luns, pero ademais desa xornada festiva hai outras tres con dúas orquestras cada noite.

    As primeiras formacións en ofrecer os seus renovados repertorios son NUEVA GENERACIÓN e CICLÓN. Para a noite do domingo tócalles ás orquestras FANIA BLANCO SHOW e MARBELLA. O día grande estará amenizado por ABANICO de Rianxo e ACHÉ. Para rematar, o último día de celebracións serán as orquestras PALLADIUM e CINEMA as encargadas de poñer o broche de ouro.

    Unha temporada moi festeira levan en Camariñas. Apenas acaban de saír da festa da zorza e doutra celebración a pé de mar e xa teñen o patrón de Buria para seguir de festa...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook