Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cabo da Cruz está de festas

    Filadelfia 2012 - orquesta - cartelFiladelfia, Jerusalén, Aché e Panamá son as orquestras que actuarán nas festas de Cabo da Cruz (Boiro)

    A localidade boirense de Cabo da Cruz tamén celebra as festas da Virxe do Carme. En competición con Aguiño (Ribeira) os veciños boirenses traballan cada ano para que a data da Virxe do Carme sexa referencia festeira na pequena localidade mariñeira. Son tres días de festa aínda que só haberá verbenas durante dous. O sábado será a Festa do Longueirón e actuará A BANDA DE BALBINA. O domingo haberá xogos tradicionais, cucañas, tiro de corda, carreira de ovos, carreira de sacos e moito máis. A primeira verbena será a cargo das orquestras FILADELFIA e JERUSALÉN.

    O día propio da Virxe haberá unha procesión marítima que xa vén sendo habitual e se repetirá en moitas vilas e cidades mariñeiras de Galicia. A sesión de fogos artificiais e a verbena a cargo das orquestras ACHÉ e PANAMÁ completan o programa.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook