Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Caldas de Reis, a raíña da festa

    Caldas de Reis - Festas patronais - programa musicalCompleto cartel de orquestras para as festas patronais en Caldas de Reis

    A localidade pontevedresa de Caldas de Reis está de festas estes días, son as patronais. E para esta ocasión a comisión de festas bota man dalgunhas das consideradas mellores orquestras do momento, ou polo menos das máis afamadas do catálogo da axencia de espectáculos LITO.

    O grupo ALKAR era o encargado de abrir as celebracións na noite do día 12. ACHÉ e PONTEVEDRA estarán actuando nestes momentos, e as seguintes en pasar por Caldas son a PARÍS DE NOIA e mais a PHILADELPHIA (noite do domingo), a PANORAMA e mais a SINTONÍA DE VIGO (noite do luns 15, o día máis caro de todo o ano) e, por último, cerrando as celebracións, o día 16 a COSTA OESTE.

    Tamén haberá un concerto o día grande das festas a cargo do grupo folk TREIXADURA.

    Que non se diga que Caldas non é unha terra de boas orquestras, algunhas das mellores actúan estes días alí. Boa festa!

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook