Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 15
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Camariñas dirixe a festa do Carme

    Camariñas 2012 - Festas do Carme - cartelO cartel para as festas do Carme 2012 en Camariñas é de auténtico luxo 

    Unha das citas máis importantes para esta semana cun dos carteis máis completos para os próximos cinco días. Porque Camariñas pode presumir, á parte da súa MOstra do Encaixe, que ten lugar pola Semana Santa, de contar con cinco xornadas festivas por onde pasarán grupos e orquestras de renome e levarán a festa ata o próximo mércores para celebrar as sías festas máis importantes. CICLÓN, PARÍS DE NOIA, EL COMBO DOMINICANO, PALLADIUM, CINEMA, PANORAMA, OLYMPUS e METRÓPOLIS cerrando o último día. Un auténtico luxo para os tempos que corren.

    Unha das citas festivas máis importantes para estes días: Camariñas.

    ACTUALIZACIÓN 18 DE XULLO DE 2012

    Éxito absoluto das festas do Carme en Camariñas. Segundo a organización, a ampla rúa onde tiveron lugar as verbenas estivo a rebosar todos os días de celebración, especialmente o domingo e o martes, onde se puideron ver os espectáculos e repertorios de baile das orquestras PARÍS DE NOIA, EL COMBO DOMINICANO, PANORAMA e OLYMPUS. A celebración do Carme en Camariñas, con cinco días de verbenas, será unha das de máis duración e asistencia. Son unhas festas con moita sona pero tamén hai que dicir que a teñen gañada a pulso pois o cartel é dos máis completos da comarca.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook