Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 02
    Octubre
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cambio de aires para Natalia Méndez

    Natalia Méndez_01

    Natalia Méndez nunha actuación recente coa orquestra Philadelphia / © Foto: roxegar 2011

    A "pequeniña" de PHILADELPHIA cambia de aires; dálle un xiro importante á súa carreira musical. Unha das consideradas mellores voces da actualidade verbeneira galega deixa unha das orquestras espectáculo de primeira liña en Galicia para incorporarse a outra, tamén de primeira orde, das orquestras de baile: LOS SATÉLITES.

    O cambio é importante, e interesante ao mesmo tempo, porque imos ver a Natalia noutro tipo de orquestra á que estamos acostumados. Á fin e ao cabo todas se parecen en algo, non é un cambio radical, pero a filosofía das dúas orquestras en cuestión é bastante diferente.

    Natalia Méndez_06A cantante de Philadelphia Natalia Méndez nunha actuación de 2007

    Ademais diso, e se non hai novidades, Nati afrontará en solitario a dianteira feminina en LOS SATÉLITES. Se estes últimos anos a vimos acompañada en PHILADELPHIA por Diana Cea, Yenina Alonso ou María García (na actualidade), en LOS SATÉLITES estará tamén moi ben acompañada, pero só das voces masculinas da orquestra, Eric e Noly.

    Natalia Méndez_03

    A cantante é a nova voz feminina da orquestra coruñesa Los Satélites / © Foto: roxegar 2011

    Natalia Méndez_04

    Natalia compartiu escenario estes anos en Philadelphia con Diana Cea, Yenina Alonso (hoxe en Jerusalén) e María García (na actualidade) / © Foto: roxegar 2007

    Orquesta Philadelphia 2009 0013 Festa da Luz.JPG

    Natalia actuando coa orquestra Philadelphia en 2009 na Festa da Luz (A Coruña) para apoiar a candidatura da Torre de Hércules para ser considerada Patrimonio da Humanidade / © Foto: roxegar 2009

    A fichaxe de Natalia Méndez pola orquestra coruñesa é toda unha sorpresa e un dos cambios máis chamativos para 2012; ano de moito "movemento verbeneiro". A partir de decembro a cantante incorporarase ao seu novo destino e cerrará unha etapa importante en PHILADELPHIA e na súa vida profesional.

    Natalia Méndez_02Natalia Méndez / © Foto: roxegar 2011

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook