O compositor e cantante canario Ángel Chinea é a nova incorporación da orquestra Canadá, para cubrir o oco que deixou Uxío Mayo
Novidade importante na orquestra CANADÁ. A formación musical afronta o seu segundo ano de vida con moitos cambios nos compoñentes, cambios que pareían cerrados e definitivos. Pero nada máis lonxe da realidade, o vocalista Uxío Mayo abandonaba a formación musical hai un par de semanas e o seu lugar foi ocupado por un cantante canario: Ángel Chinea.
A recente fichaxe non é nova nestas lidias., nin moito menos. Á parte de cantar tamén compón, e foi compañeiro de estrelas como Carlos Baute ou Richy Martin. Tamén formou parte do grupo SARAO LATINO. Estamos seguros que a nova incorporación dará moito que falar e que bailar aos seguidores de CANADÁ.