Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 03
    Julio
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cambio nos horarios das verbenas de Boiro

    París de Noia - 2010 - 012 - Aguiño (Ribeira)A orquestra París de Noia actuará en Boiro esta noite a partir das 22.30. A continuación entrará en escena El Combo Dominicano / © Fotos roxegar

    A localidade de Boiro é estes días o centro de atención festeira de todo o Barbanza. As celebracións do verán acaparan durante seis días a atención de veciños, visitantes do resto de concellos da comarca e tamén dos turistas, que son moitos.

    Dúas verbenas faltan para dar por concluídos os festexos que teñen cortada a maioría de tramos da avenida da Constitución, en Boiro, onde se instalaron case cen aparatos de feira entre atraccións, casetas, postos de comida e tómbolas. Tamén as rúas próximas á praza de Galicia están tomadas polos postos de venda con diversidade de oferta comercial.

    O pasado domingo tivo lugar a impresionante sesión de fogos artificias e a celebración pola Eurocopa animou aínda máis a verbena amenizada por MANILA e JERUSALÉN ata o punto de que a segunda das orquestras mencionadas variou o seu repertorio para ofrecer un pase máis acorde co público que inundou a praza. Onte outras dúas orquestras como son GRAN PARADA e PALLADIUM continuaron co programa establecido.

    Esta noite tará lugar a penúltima verbena en Boiro, coa actuación de PARÍS DE NOIA e EL COMBO DOMINICANO, e será nesta orde, a orquestra noiesa será a primeira en actuar, contra todo prognóstico, a partir das 22.30, e o mesmo ocorrerá mañá na última cita con PANORAMA e COSTA OESTE. O MAGIC TOUR adiantarase ao BOXING TOUR e así PANORAMA comezará a festa na última noite festeira do verán boirense.

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 53Mañá mércores, último día das festas boirenses, estará amenizado por Panorama (de primeira) e Costa Oeste (de segunda)

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook