Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 05
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Camelle, a vila máis festeira

    Camariñas 2011 - Festas do Carme en Camelle - cartelCamelle celebra tres días de festas ata o próximo domingo

    E en Camelle (Camariñas), onde se non, volve haber festas. Unha das vilas máis festeiras de Galicia, con polo menos catro celebracións e todas elas con verbenas varios días. As desta volta son das máis importantes, o Carme, e para iso contarase coa espectacular orquestra PANORAMA (que se non é a unha festa é a outra pero a orquestra caldense pasa todos os anos por Camelle) acompañada da formación CHICAS SHOW (aínda que non aparece no cartel).

    Varios grupos de rock farán festa o sábado xunto coa verbena da orquestra MANILA. O grupo MIDAS e outra formación musical cerrarán o domingo as festas de Camelle, ata dentro de pouco, que en Camelle cada pouco hai festas...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook