Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 13
    Agosto
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Campionato de patronais na área metropolitana coruñesa

    Betanzos 2013 - Festas de San Roque - cartel

    Orquestras como Charleston Big Band, Marbella ou Armonía Show, e o concerto de Roi Casal configuran un programa no que a elevación do globo de papel e as Xiras aos Caneiros seguen sendo as citas máis destacadas das patronais de Betanzos

    As festas "urbanas" de María Pita teñen serias competidoras na semana do 15. En Concellos limítrofes coa cidade herculina celebran as festas patronais e algunhas das máis importantes da comarca. Deste xeito, temos que falar das festas máis importantes en OLEIROS, CAMBRE, SADA, A LARACHA e BETANZOS, sen esquecernos dalgunhas outras citas festeiras en parroquias de Culleredo e Arteixo.

    As alfombras florais de Oleiros, onde actuarán orquestras como EMBAJADORES; a tradicional sardiñada de Sada e os fogos acuáticos, onde estarán TEKILA, TRIUNFO ou cerrando o 18 a orquestra JERUSALÉN; as festas patronais de Cambre, con SOLAMÉRICA, SATÉLITES, ISMAEL e ISRAEL; Betanzos e as súas grandes festas de San Roque, onde destaca sen dúbida o tradicional globo e as Xiras dos Caneiros, e onde pasarán algunhas orquestras como CHARLESTON BIG BAND, MARBELLA ou ARMONÍA SHOW e outras actuacións como a de ROI CASAL o día 17 ou as festas da parroquia de Pastoriza, en Arteixo, por onde pasarán, entre outras VERSALLES e ALARMA son o máis destacado na área metropolitana coruñesa para estes días.

    Cambre 2013 - Festas patronais - cartel

    Xa un pouco máis afastadas, pero na área de influencia A Coruña-Bergantiños, A LARACHA celebra tamén as festas máis grandes do verán coa actuación, entre outras, de tres orquestras de primeira liña como son EL COMBO DOMINICANO, ACHÉ e FILADELFIA.

    A Laracha 2013 - Festas patronais - cartel

    Estes días non hai lugar para o aburrimento e as festas multiplícanse por cada recuncho de Galicia, e a área metropolitana coruñesa non ía ser menos, con festas en cada un dos concellos que a compoñen.

    Sada 2013 - Festas patronais - cartelEn Sada, unha gala na que actuarán Manolo Escobar India Martínez e Soraya Arnelas complementa tres días de verbenas con Triunfo, Tekila e a orquestra Jerusalén

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook