Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 10
    Mayo
    2014

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Carral exalta o seu produto estrela: o pan

    Carral 2014 - XII Festa do Pan - cartel  Como cada ano, os nenos elaboran o cartel da festa do pan en Carral

    A vila de Carral celebra importantes festas e feiras como son a do queixo ou a da empanada (incluída esta última nas festas do Socorro, no mes de setembro). Por iso non é de estrañar que o produto estrela tamén teña a súa exaltación.

    Esta fin de semana ten lugar unha nova edición da Festa do Pan de Carral, e xa van doce. Entre as actividades programadas destaca novamente a Feira Medieval con espectáculos de zancudos, malabaristas, artesáns de coiro, prateiros ou esmaltes e obradoiros de soprado de vidro ou pintado de tellas entre outros moitos.

    As actividades complétanse coa III edición da Concentración de motos e actuacións musicais polas rúas así como a venda do bocadillo quente de xamón con tomate.

    O sábado actuará o grupo MARAZUL e o domingo, día central das festas, actuará a orquestra CIUDAD CRISTAL, recuperando desde 2013 unha segunda verbena nesta festa despois de varios anos nos que só actuaba unha orquestra. Carral empeza a acoller as súas tradicionais festas, o primeiro en tela é o seu produto estrela: o pan.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook