Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 31
    Julio
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Carril, segunda parte

    Grupo Assia 2011 - cartel pequeno

    Nova imaxe para o grupo Assia 2011. O bo gusto da formación traspasa o simplemente musical, como se pode ver no novo cartel da banda asturiana

    A localidade de Carril, en Vilagarcía de Arousa, celebrou a semana pasada festas con varios días de grandes verbenas. Pero alí non acabou a cousa, a boa música volve de novo a esta pequena vila mariñeira da man de formacións musicais de nivel para afrontar dúas xornadas de actuacións (tres de festa) e deixar o listón ben alto para a próxima edición.

    As festas de San Fidel comezaban o venres con Festa da Espuma, xogos infantís e a denominada Festa Xoven, entre outros actos. A Regata de Barcaños e as cucañas, música de charangas durante todo o día e unha mexilloada gratuíta foron os actos máis destacados para o día de hoxe sábado. A música puxérona o grupo CONTRASTE e a grande orquestra GRAN CANARIA.

    Para a última xornada do día ofreceranse bailes rexionais, mercadillo benéfico e música de charangas novamente. A verbena final será levada a cabo por dous impresionantes grupos musicais: os galegos de AMÉRICA e os asturianos de ASSIA bateranse nun "duelo verbeneiro" de grandísimo nivel e ofrecerán temas musicais que non estamos moi afeitos a escoitar nun campo de festas. As dúas bandas, aínda que ofrecen música de todos os estilos (incluído o pasodoble), caracterízanse por interpretar grandes temas da historia musical mundial moitos dos cales só fan eles. Para ver algo diferente ao usual nos campos de festa hai que ter en conta a estes dous grupos, e mellor se están xuntos na mesma cita festeira.

    Eu, de ser ti, non o perdería...

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook