Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 27
    Agosto
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cartel de nivel para as patronais de Curtis

    Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 39Jorge Ferre, voz principal da orquestra Panorama. A formación musical cerra as festas patronais de Curtis acompañada pola canaria Armonía Show / © Foto: roxegar 2012

    E Curtis é outro dos concellos que está de festas patronais durante estes días. Nada menos que cinco xornadas festivas que comezaban o venres cun festival rock onde se puideron escoitar os temas de varios grupos. As verbenas comezaban o sábado da man de NOVA IMPERIAL e FANIA BLANCO SHOW. Onte domingo CHICAS SHOW acompañou á PARÍS DE NOIA; e a chuvia non foi quen de estragar a xornada de hoxe onde se acondicionaron dúas carpas para acoller o numeroso público que congregaron o grupo TRIUNFO e a orquestra OLYMPUS. A fin de festa será mañá martes; as orquestras ARMONÍA SHOW e PANORAMA poñerán o broche final ás festas que dan paso en breves días ás de Teixeiro, no mesmo concello.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook