Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 26
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cartel grande en Castelo

    Culleredo 2011 - Festas de San Ramón en Castelo - cartel venresA localidade cullerdense de Castelo está outra vez en festas. Dúas son as celebracións anuais en Castelo, o Santiago Apóstolo e o San Ramón, das cales a máis importante é a que terá lugar esta fin de semana.

    Día grande o do venres en Castelo. Á tradicional churrascada hai que lle sumar unha espectacular verbena que trae sempre grandes nomes. A primeira vez que fun ás festas de Castelo actuaba a orquestra VERSALLES e a desaparecida NOCHE DE ESTRELLAS. Normalmente o venres é o día máis forte con orquestras consideradas das mellores no panorama verbeneiro. E falando de PANORAMA, esta será unha das que estarán amenizando o primeiro día de celebración do San Ramón. Os compoñentes da afamada orquestra estarán acompañados por outro grande grupo verbeneiro: CICLÓN. A noite está asegurada en castelo, e ademais coa predicción favorable do tempo para toda a fin de semana.

    Culleredo 2011 - Festas de San Ramón en Castelo - cartel

    O grupo BLUE STAR e outra formación musical (un dúo) para o domingo completan o programa festivo en castelo que, como xa é tradicional, foi aberto co CASTELO MUSIC FESTIVAL o pasado día 20 de agosto.

    O bochinche da festa estará traballado polos membros da Comisión, de forma que os cartos van integramente para a organización dos festexos, e consumir alí é un xeito de axudar a que a festa continúe e máxime nestes tempos de crise no que perigan moitas celebracións populares ou se ven na obriga de baixar moito a calidade dos programas. Ademais, traballarase con primeiras marcas a prezos populares. Tamén informamos de que se contará con aparcadoiros cerca do campo da festa e de que hai unha páxina web con toda a información necesaria sobre as festas de Castelowww.festascastelo.com

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook