Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 19
    Abril
    2012

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Catro anos coa xuventude de Cambre

    Orquesta Panorama 2011 - IV Gala contra o cancro - 018A orquestra Panorama ameniza un ano máis a Festa da Xuventude de Santa María de Cambre, nesta ocasión acompañada por La Bámbola

    Pasaron catro anos desde a primeira vez que un grupo de xente nova decidiu lanzar un novo evento festeiro en terras de Cambre; e desde aquela a cita non fixo máis que afianzarse no calendario. Falamos da Festa da Xuventude de Santa María de Vigo, que hoxe chega á súa cuarta edición.

    Se o ano pasado eran PANORAMA e o grupo SAMBA os encargados de facer a festa, este ano a orquestra repite acompañada doutra que nesta edición está disposta a non pasar inadvertida: LA BÁMBOLA.

    A actuación da orquestra de Vilagarcía dará comezo ás 22.30, despois da churrascada, que xa vén sendo habitual. A continuación será a caldense co seu espectáculo MAGIC TOUR 2012. La gira del Sol. E a festa chegará da man das dúas formacións musicais ata altas horas da noite.

    Catro anos de esforzo que teñen sempre o seu froito merecido: un bo cartel e a oportunidade de ofrecer na zona as primeiras actuacións de orquestras de renome ou formacións que apuntan alto. PANORAMA e LA BÁMBOLA farán congregar a milleiros de festeiros de toda a zona dispostos a pasar unha noite chea de festa e diversión.

    La Bámbola 2012 - orquesta - cartelMultitude de novidades trae este ano a orquestra La Bámbola. Algún compoñente, montaxe, repertorio, páxina web e cambio de estilo para unha formación musical que pode dar en 2012 o salto definitivo

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook