Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 25
    Marzo
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Catro orquestras para Leiro

    Rianxo 2011- festas en Brión - Leiro - cartel

    O lugar de Brión, en Leiro (Rianxo) comeza hoxe tres xornadas de festa nas que temos que destacar as dúas primeiras por seren as dedicadas ás verbenas. Aínda que as celebracións rematan o vindeiro domingo, as verbenas por catro populares orquestras terán lugar esta noite e mañá sábado.

    As formacións musicais reservadas para as festas en Brión son a CHARLESTON BIG BAND e a MARBELLA para a primeira noite festiva, e a PALLADIUM xunto con ABANICO, que actuará na casa, para a noite de mañá. Comezan a quentarse os motores festeiros no concello rianxeiro, famoso polas celebracións da Guadalupe nos días nos que coñecemos que, finalmente, a rianxeira non recortará xornadas de celebración.

    Pero aínda falta moito para a Guadalupe, polo momento imos comezar en Leiro o ano verbeneiro con catro boas orquestras.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook