Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 14
    Agosto
    2011

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Celanova, festas sen globo

    Gaia 2011 - orquesta - cartel 2A orquestra Gaia cerra o día 16 as festas de Celanova xunto con Salero

    A localidade de Celanova celebra o San Roque, pero este ano trae novidades. O recorte de orzamento e problemas administrativos cos creadores do globo de papel fan que este ano o aerostato non voe o ceo de Celanova. Este ano, polo tanto, en Celanova non hai globo.

    As orquestras que amenizan estes días as festas do San Roque son JÚPITER e LEDICIA (que abriron onte as celebracións), AMAZONAS e PASSARELA (hoxe), GRAN CANARIA e MEDITERRÁNEO (noite do 15), GAIA e SALERO (para cerrar as festas o 16).

    Desde o Concello xustifican que cos recortes que están tendo os concellos por parte da Administración e uns ingresos de só 850.000 euros non se pode gastar nas festas e haberá que repensar os programas festivos en Celanova para as próximas edicións.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook