Blog 
Festa a Festa
RSS - Blog de Roxelio Xabier García Romero

Sobre este blog de A Coruña

Blog de festas e orquestras.


Archivo

  • 12
    Junio
    2013

    Comenta

    Comparte

    Twitea

    Cerceda, epicentro festeiro

    Olympus 2013 - orquesta - cartel As orquestras Xacobeo e Olympus abren as festas en Cerceda

    A localidade coruñesa de Cerceda celebra, como moitas outras, as festas de Santo Antón. Durante dous días o concello ofrece unhas celebracións marcadas pola música e a diversión. Para a noite do xoves, día propio, contarase co repertorio bailable da orquestra XACOBEO e o espectáculo e música de OLYMPUS. A xira Burlesque da de Negreira continúa ofrecendo novidades e avanzando calendario.

    A noite do venres será a orquestra CANADÁ co seu novo escenario e completo repertorio, a que poñerá a música na segunda verbena de Santo Antón. Tampouco estará soa xa que o programa queda completado coa discoteca móbil de Radio Lider e os seus DJ Marcos Magán e Manu López.

    E así remata o Santo Antón, pero non a festa en Cerceda. O vindeiro domingo a localidade encherase novamente de xente no monte do Acevedo ao carón das instalacións do Aquapark para acoller a festa de Pensando en Ti, programa da noite da Radio Galega presentado por Marcial Mouzo.

    Moitos son os autocares que se desprazarán desde practicamente todas as comarcas de Galicia para achegar a milleiros de festeir@s que gozarán dun día de festa e gastronomía.

    Para quen leve o xantar da casa habilitaranse carpas; para os que queiran coller alí a comida haberá churrasco e polbo a prezos populares. Da música encargarase a orquestra rianxeira ABANICO, a Agrupación Folclórica de San Martín e a Charanga MEKÁNICA.

    Sen dúbida estes días marcan a festa en Cerceda con dúas importantes citas.

     

    Denunciar
    Compartir en Twitter
    Compartir en Facebook